Blog/Hip-Hop / Rap / Jazz/Pop / Rock / Punk / Indie

Morriña.

Boas tardes centolas.

Hoxe vou falar dun tema que teño sempre na testa e non acostumo ensinar. Como galego teño un compromiso coa miña identidade e por desgraza o amoso moi pouco, e menos se cabe nas redes sociais. Co cal, me dixen:
– Teño que escribir un artigo en galego e falar un pouquiño do que andamos a facer por eiquí na nosa lingua!

E postos a comezar, o respecto ás tradicións me leva a por a ligazón do que máis se entona nas nosas ruas as noites de borrachera. Mira Maruxiña.

E de segundo prato outra foliada a cargo dunha das bandas con máis prestixio internacional e que máis forte berrou o nome da nosa matria polos lonxanos eidos.

Por se non vos chega, non vos vou deixar con fame de Galiza. Podedes ver a Susana Seivane tocando unha muiñeira picada.

Xa de volta na actualidade presentar a una rapaza que para o seu último traballo baixou o tono e comezou a cantar máis bonitiño e menos rocanroleiro, sigoa dende que me recomendou a sua primeira maqueta o libreiro de Monte Alto, chamase María Xosé Silvar mais se deu a coñecer como Sés.

Dios ke te crew máis a nai que te pariu. Dende o xenese ata o disco en solitario de Sokram. Se os buscades na Wikipedia ides flipar coa sua carreira dende “Ghamberros” e “5talegos”. O seu disco de “Humanose” contou coa colaboración dos mellores estudos do mundo.

Aquí poño a “FotoSíntese” do disco Chuvia Ácida de Sokram.

Unha desas cancións que trouxeron ledicia a moreas á infancia de todolos nenos galegos, nesas tardes de pan con nocilla vendo o Xabarín Club, descubríamos una peza fundamental da nosa historia. Alexandre de Fisterra inventa o futbolín.
Os dipolmáticos de Monte Alto.

Ainda que non está enteiramente en galego non podía deixar fora esta versión de “sweet home Alabama” a cargo de Siniestro Total.
Miña Terra Galega.

A canción preferida da miña nai a cargho de Herdeiros da Crus. O teu filho fuma porro.

E como non, eu quero josar.

Entroume tanta morriña que vou coller o jet privado a ver si o aterriso por Corrubedo, que a pista que vai para o faro ben me chega. Así volto á terra.
Despídome cunha peza feita para entralo aninovo.

“Non quere ser un Rolling Stone, quere montar un festón.
Que chegue lonxe seu son, e non lle pon merda no ollo a quen lle fixo un favor.
Convídate ó seu amor e cando chegue ata os teus beizos que saiban a licor.”

LeGal

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s